top of page

Localízanse nas comarcas veterinarias de Arzúa e Terra de Melide focos da Enfermidade Hemorráxica Epizoótica

Pedro Blanco celebra os 15 millóns en axudas anunciados por Agricultura para facer fronte a esta patoloxía


Laura Moure/C. Arzúa/Terra de Melide

A Xunta notificou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) a detección de cinco novos focos de Enfermidade Hemorráxica Epizoótica (EHE), nas comarcas veterinarias de Arzúa, As Pontes, Santiago, Teixeiro e Terra de Melide, todas elas na provincia da Coruña. Salvo no caso do foco de Arzúa, que por ser o primeiro da provincia foi confirmado no Laboratorio de Referencia de Algete (Madrid), o diagnóstico laboratorial dos restantes realizado polo Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia, dependente da Consellería do Medio Rural.

Con esta declaración, Galicia ten notificados focos en 35 comarcas veterinarias: os 5 da

Coruña declarados hoxe; 14 na provincia de Ourense (A Gudiña, A Limia, Allariz, Baixa

Limia, Maceda, O Carballiño, Ourense, Terra de Caldelas, Terra de Celanova, Terra de

Trives, Ribadavia, Valdeorras, Verín e Viana); 9 na de Lugo (Chantada, A Fonsagrada,

Lugo, Os Ancares, Sarria, Terra Chá-Castro, Terra Cha-Guitiriz, Terra de Lemos-Quiroga e

A Ulloa), e 7 na provincia de Pontevedra (A Paradanta, Caldas, Deza, O Condado,

Pontevedra-O Morrazo, Tabeirós Terra de Montes e Vigo-Baixo Miño), neste novo período

estacional 2024 de circulación do vector transmisor. Por outra banda, o número de

explotacións positivas confirmadas laboratorialmente sitúase en 1.184 e os animais

positivos confirmados en 2.822.


Galicia, pioneira en indemnizar

A Consellería do Medio Rural foi unha das pioneiras neste sentido e habilitou en 2023 a indemnización dos animais falecidos a consecuencia desta enfermidade, que continúa

tamén en 2024. Neste sentido, xa se destinaron máis de 200.000 euros a estas achegas para compensar a morte de 409 animais de 195 explotacións, datos referidos ao anterior

período de circulación do vector transmisor, posto que, no actual período, aínda non se rexistraron solicitudes.


Publicidade

Así mesmo, cómpre lembrar o compromiso da Consellería para reforzar a liña de apoio

aos gandeiros, xa avanzado pola titular do departamento, María José Gómez, que

contemplará, a maiores das indemnizacións, axudas para cubrir custos veterinarios e de

desinsectantes.


A EHE é unha enfermidade infecciosa, pero non contaxiosa, producida por un virus que se

transmite aos animais exclusivamente a través da picadura de mosquitos do xénero

Culicoides,spp. Dada a vía de transmisión, esta enfermidade aparece mentres exista o

mosquito vector circulando no ambiente. Existe polo tanto un período de posible afectación

dos animais (aproximadamente de abril a decembro) e outro, nos meses de inverno, nos

que ao non existir circulación do vector, non existe posibilidade de infección nos animais.

A única vía de contaxio nos animais é a través da picadura dos mosquitos transmisores,

polo que non é posible a transmisión directa ou indirecta entre eles. Ademais, esta doenza

non afecta ás persoas, que non poden enfermar nin pola picadura do mosquito transmisor,

por contacto con animais infectados, nin polo consumo de produtos de orixe animal (carne,

leite…) destes animais.


Publicidade

Ao tratarse dunha enfermidade vírica non hai tratamento curativo, pero existe unha vacina

desenvolvida pola farmacéutica galega Zendal e autorizada pola Axencia Española do

Medicamento e Produtos Sanitarios, que está dispoñible para a súa adquisición baixo

prescrición veterinaria. Ademais da protección inmunolóxica que suporá a administración

da vacina, é fundamental a aplicación de medidas preventivas encamiñadas a evitar o

contacto dos animais co mosquito vector.


Xestionadas polas comunidades autónomas

Pola súa banda, o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, celebra o anuncio do Ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, que avanzou que a semana que vén ou Goberno aprobará ou decreto de bases para as axudas dirixidas a paliar danos producidos pola enfermidade hemorráxica bovina (EHE), que serán xestionadas polas comunidades autónomas.


As axudas, de 15 millóns de euros a repartir entre os territorios, poderanse complementar coas subvencións autonómicas ou destinarse á financiamento das vacinas, tratamentos veterinarios, desinsectación de instalacións gandeiras e tratamentos preventivos.


Neste senso, delegado instou á Xunta a que complemente con fondos propios esta asignación e asuma a súa responsabilidade. Por outra banda, ou delegado destaca o paso adiante que supón esta medida para frear ou avance da enfermidade, que tantos danos está a causar nas explotacións galegas, e salientou ou esforzo feito en investigación para contar en tan pouco tempo cunha vacina en España para esta doenza.


Para Pedro Blanco “este é un exemplo máis do compromiso do Goberno coa sanidade e o benestar animal”, un compromiso que se fai extensivo a todo o sector primario “con máis de 187 millóns de euros en axudas directas para paliar os incrementos dos custos derivados das situacións extraordinarias”, pero tamén con outras accións como a simplificación da PAC, o reforzo na aplicación da lei da cadea ou as axudas do Plan de Recuperación, que xa benefician 42.000 entidades en Galicia, a metade pequenas e medianas empresas, e que deixan máis de 54 millóns de euros a través do PERTE Agro para proxectos nos que participan empresas galegas", salientou ou delegado.


0 comentarios

Σχόλια


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page