top of page
Foto del escritorLaura Moure

Literatura e teatro a vindeira fin de semana de “Outono a escena” en Arzúa

Todas as actuacións serán de acceso libre e gratuíto ata completar a capacidade


Laura Moure/Arzúa

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa continúa desenvolvendo as actividades do programa cultural Outono a escena que está a dinamizar as fins de semana dos meses de outubro e novembro con propostas para todos os públicos. O certame continúa a vindeira fin de semana por partida dobre.

Unhas das actuacións de Outono a escena en Arzúa.

Por unha parte coa presentación do libro Utensilios de cociña e algúns xantares caleidoscópicos de Xosé Carlos Carracedo Porto este venres, día 18 ás 20:30 horas na Capela da Madanela. Esta obra gañou o XXXVI Premio Nacional de Poesía Pérez Parallé.


Por outra banda, as propostas dos Sábados en familia traerán tamén este sábado unha función de teatro infantil encadrada no programa Camiño Escena Norte no que o Concello de Arzúa participa unha edición máis. Desta vez a compañía Pájaros Pintados, chegada desde Navarra, representará a obra El jardín de Olivia ás 18:00 horas do sábado 19 de outubro na Capela da Madanela.


Publicidade

El jardín de Olivia de Pájaros Pintados é unha emotiva peza sobre o reencontro coas nosas raíces. É o primeiro día da primavera e Olivia volve ao xardín. Pero a nena non está soa, pois florecen os recordos cultivados xeración tras xeración polas mulleres da familia e comeza unha viaxe a través das ausencias e do paso do tempo. Esta obra está dirixida ao público infantil e familiar.


Todas as actuacións serán de acceso libre e gratuíto ata completar a capacidade.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page