top of page

Listaxe de autobuses para ir á manifestación contra Altri e a Mina de Touro o día 22 na Pobra do Caramiñal

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Xeral

Máis de 500 barcos na Enseada da Pobra do Caramiñal e miles de persoas en terra serán o vindeiro sábado, 22 de marzo a “resposta contundente” da sociedade civil contra os proxectos industriais estratéxicos da macrocelulosa de Altri e a reapertura da Mina de Touro-O Pino. Convocados pola Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA) e logo de que o pasado 14 de marzo a Xunta de Galicia publicara unha Declaración de Impacto Ambiental (DIA) favorable a Altri, milleiros de galegos e galegas abarrotarán o vindeiro 22 de marzo A Pobra do Caramiñal para reiterarlle á Xunta de Galicia a “contestación social” e a loita de todo un país contra a “depredación industrial que a Xunta de Galicia entende por progreso”. Hai servizo de autobús dende distintos puntos de Galicia.


⚠️⚠️AUTOBUSES PARA IR Á MANIFESTACIÓN DO 22/03 ΝΑ POBRA DO CARAMIÑAL EN CONTRA DE ALTRI E DA MINA DE TOURO (EN ACTUALIZACIÓN)

🚌 Bus dende MELIDE gratuíto. Colabora Concello Melide

9:15 diante da Capela de San Roque

Regreso:14:30 Completo dende onte)

🚌 AUTOBÚS DENDE ARZÚA 10:00 horas aparcadoiro público da rúa de Lugo. Colabora Concello Arzúa RESERVA:formulario https://i.gal/busArzua ou no teléfono 626 798 291


🚌Bus dende PALAS DE REI cas seguintes paradas:

📍Palas de Rei, diante do Concello, ás 8:45h

📍Monterroso, diante do Bar García, ás 8:55h

📍Antas de Ulla, diante do Concello, ás 9:00h

📍Agolada, en frente ó Bar García, ás 9:10h

Regreso 17:00h

🎟 10€/persoa

RESERVA:

📧 palasviva.altrinon@gmail.com


🚌Bus dende VILA DE CRUCES

Saída: sábado 22 de marzo, ás 9:30h. da Praza do Concello Reserva praza por WhatsApp 648 950 199 ou por correo: viladecrucesviva.altrinon@gmail.com

🚌CAMBADOS

Saída: da Estación de autobuses.

Hora: 10h

Anotarse 644 143 354

🚌CARRIL

Saída: Rotonda de Carril

Hora: 10:30 horas

Anotarse na Lonxa de Carril ata o xoves 20/03 ou no tf. 618 393 311

🚌ILLA DE AROUSA

Saída: Lonxa.

Hora:10h

Anotarse: na cofradía de 8 a 15 e no tf. 627 506 474

🚌O GROVE. Preguntar na Confraría. 986 733 590 de 9 a 13 e de 16 a 18

🚌VILAXOÁN - VILAGARCÍA

Saída:

Peirao de Vilaxoán. Hora: 10:30 horas

Casa do Mar Vilagarcía. Hora 10:45 horas

Anotarse: 986 511 121 696 224 478


🚌A CORUÑA

Saída ás 9.30h do Campo da Leña. Información no 981 169 293 CIG

🚌FERROL

Saída ás 9h do local da CIG en Esteiro. Información no 981 35 87 50

🚌COMPOSTELA

Saída ás 10:00 da mañá do campo de fútbol Verónica Boquete (San Lázaro) Parada ás 10:45 horas no Hotel Scala de Padrón. Anotarse no 627912542 antes do día 20. (prezo: 5 euros) CIG

🚌LUGO

Saída ás 9h do Edificio Sindical CIG(Ronda da Muralla). Información no 616 950 778


🚌OURENSE

Saída ás 8h desde A Gudiña. Ourense ás 9.30h. Información no 988 23 31 34 CIG información e reservas no telf 988 233134

Saída ás 8h da Gasolineira da Gudiña. Paradas:

8:30 Aduana de Verín

8:50 "Antela Estación de Servizo" (Xinzo)

9:10 Restaurante Limia Nal 525 (Allariz)

9:20 Estación de Servizo Repsol-Rante (Autovía Celanova)

9:30 Pavillón dos Remedios (Ourense)

9:45 Rotonda de Cea (O Carballiño/Ribeiro)


🚌PONTEVEDRA

Saída ás 10.30h desde o Pavillón. Información no 986 852 950 CIG

🚌VIGO

Saída ás 9.15 da Ramallosa. Vigo ás 10.15h. Información no 986 827 900 CIG

9.45 h. Val Miñor - A Ramallosa: parada de bus subida a Nigrán.

10.15 h. Vigo: local da CIG (Avenida Gregorio Espino, 47).

10:30 h. Redondela - Chapela: na baixada antes da entrada da AP9


🚌AUTOBÚS GRATUITO. CONCELLO PADRÓN

Saída: 11:00h - Biblioteca Municipal

Regreso: 13:30h

Reserva a túa praza


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

🚌 Dende O Morrazo ( quedan poucas prazas)

RESERVA 626 969 447

Percorrido:

Ás 8:45 sae do Parque Industrial de Castiñeiras en Bueu.

Ás 10 na estación de autobuses de Cangas.

Ás 10:15 na Xunqueira de Moaña.

Ás 10:25 na Igrexa de Domaio.

Ás 10:30 no aparcadoiro disuasorio de Rande.


🚌COMARCAS SUR DE LUGO sairá desde Quiroga, ás 8:00h diante do "Quiper", con paradas na Pobra do Brollón ás 8:20h, en Monforte de Lemos ás 8:45h (Casitas da compañía), en Pantón, diante do "París" ás 9:15h, en Escairón, ás 9:30h (Círculo Saviñao) e ás 9:50h en Chantada (Cemiterio).

PREZO DA RESERVA AUTOBUS 5€, A INGRESAR POR BIZUM NO TELÉFONO 646 959 140, indicando nome, apelidos e lugar de subida ao bus. Para anotarse, chamade ao 982 41 60 27 en horario de 17:30h a 20:00h. Ou por WhatsApp no número 646 959 140 (nome, apelidos e lugar onde colleredes o bus). Até o xoves 20 de marzo ás 20:00h.

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page