top of page

José Luis Calo de UCIN: "Alfonso Rueda é nocivo para Galicia"

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

O coordinador de UCIN Galicia escribe un artigo de opinión sobre o proxecto de Altri en Palas de Rei


José Luis Calo/Xeral


ARTIGO DE OPINIÓN

Compartimos en ECOS DA COMARCA este artigo de opinión que nos enviou José Luis Calo, coordinador de UCIN Galicia.

José Luis Calo.
José Luis Calo.

"Alfonso Rueda é nocivo para Galicia"

"Un pesadelo nun espazo galego da Rede Natura, así podemos denominar ao que se nos vén encima. É inadmisible que unha enorme factoría de celulosa que usará millóns de litros de auga ao día e que verterá auga contaminada de volta aos ríos, emitirá gases tóxicos e poñerá en perigo os sectores primarios, déaselle o visto e prace. Coa noticia que nos levantamos hoxe (por onte) confírmase que dan por bos os cambios que realizou a empresa respecto ao proxecto inicial, prometendo que se usarán os que denominan como tecnoloxías avanzadas para a xestión da auga, mentira!


Publicidade


Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Ao aprobar a Declaración de Impacto Ambiental á macrocelulosa de Altri, o señor Presidente da Xunta, Alfonso Rueda, pasa a pelota ao tellado do Goberno central. Así é o xogo dos actuais actores políticos, vémolo en cantidade de problemáticas que nos afectan día a día.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Rueda continúa achandando o camiño para un proxecto «nocivo» que deberá contar igualmente coas licenzas e permisos legais. Señor Rueda 30 millóns de litros ao día de augas residuais contaminadas que verterá de volta ao río Ulla. A solución ten que ser clara e rotunda: NON PERMITILO. Queremos que Galicia siga sendo verde, que estea á vangarda do coidado ambiental e unha industria sostible".


José Luis Calo, coordinador de UCIN Galicia.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page