top of page

Investigado un veciño de Santiago como presunto autor dun delito de simulación de delito

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Denunciou cargos fraudulentos na súa tarxeta bancaria por un valor total de 1.761 euros


Ecos da Comarca/Xeral

A Garda Civil do Posto Principal de Milladoiro investiga a un home como presunto autor dun delito de simulación de delito.

Os feitos por mor da denuncia interposta pola suposta vítima, comunicando que mentres se atopaba consumindo unha bebida nun local de alterne de Ames, terceiras persoas botáranlle na súa bebida algunha substancia que anulaba a súa vontade, facendo uso fraudulento das tarxetas bancarias que portaba na súa carteira, realizando un total de 13 cargos por un importe total de 1.761 euros.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A Garda Civil iniciou unha investigación en aras de constatar a veracidade dos feitos e identificar o autor ou autores dos mesmos no seu caso.


No transcurso da mesma, tras a realización de xestións pertinentes e a análise exhaustiva da información solicitada, os gardas civís actuantes corroboraron que os cargos foran efectuados voluntariamente polo suposto prexudicado, procedendo á súa investigación como presunto autor dun delito de simulación de delito.


Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A Garda Civil lembra que o delito de simulación de delito está tipificado no Artigo 457 do Código penal, podendo ser castigado con multa de seis a doce meses.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page