top of page

Instalan unha pancarta contra a reapertura da mina de Touro-O Pino na entrada da Alameda compostelá

Ecos da Comarca/Touro

Por iniciativa da Plataforma veciñal Mina Touro-O Pino NON e coa autorización do Concello de Santiago, instalouse este venres 11 de abril unha pancarta na entrada da Alameda compostelá onde se manifesta o rexeitamento á reapertura da mina de cobre de Touro-O Pino.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Esta acción inscríbese nas actividades que a citada Plataforma ven desenvolvendo para "evitar que a Xunta de Galicia autorice a repertura dunha mina que, de producirse, causaría graves danos para a saúde, para o medioambiente e para a calidade de vida das persoas no corazón de Galicia. Afectación extensiva a economía agropecuaria da cunca do Ulla e da mesma Ría de Arousa, que, case inexorablemente recibiría verteduras contaminantes da actividade mineira, deteriorando gravemente o ecosistema fluvial e o sector pesqueiro e marisqueiro. Se a isto se lle engade a posibilidade de que se instale a pasteira ALTRI río arriba na Ulloa, a catástrofe afectaría a unha das arterias fluviais máis importantes de Galicia. Estamos pois ante unha ameaza que se cerne sobre todo o país", recalca a plataforma veciñal.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Esta constata, afortunadamente, que a oposición cidadá a estes proxectos está a medrar exponecialmente en todos os sectores sociais e entre xentes de todas as posicións políticas e ideolóxicas. "Así, podería dicirse a día de hoxe, que unicamente o goberno da Xunta de Galicia e do Partido Popular seguen a apostar este tipo de proxectos industriais como estratéxicos para o país, sexa reabrir a mina de Touro -O Pino ou establecer a pasteira ALTRI na Ulloa. Este posicionamento choca incluso cos intereses, aspiracións e conviccións de cada día máis votantes, simpatizantes e ata militantes dese propio partido. Tanto o Concello de Santiago coma esta Plataforma veciñal consideramos axeitado e honroso compartir o espazo na porta da Alameda coa pancarta que expresa a solidariedade co pobo palestino, que compartimos".


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page