Xa son 300 as persoas que formalizaron a súa participación a través da web carreirasgalegas.com
Laura Moure/O Pino
Hoxe, xoves 19 de setembro, ás 23:59 horas, remata o prazo de inscrición na Carreira pedestre popular do Pino que se celebra o vindeiro domingo día 22. Xa son 300 as persoas que formalizaron a súa participación nesta décimo novena edición nas súas sete categorías. A proba está organizada polo Concello do Pino baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo e pertence ao X Circuíto de carreiras populares da Deputación da Coruña.
O percorrido será de 8 quilómetros para a categoría absoluta e duns 340 metros para menores de seis anos. Poden participar atletas federados e non federados e haberá unha
soa clasificación conxunta.
As persoas interesadas en participar deberán inscribirse a través da web
carreirasgalegas.com no seguinte enlace https://shre.ink/gVYN
Publicidade
A recollida de dorsais será na secretaría técnica (situada na praza de Forcarei) ata 30 minutos antes da saída. A saída da categoría absoluta (maiores de 18 anos) será ás 10.00
horas, e as seguintes iranse facendo de xeito consecutivo ata ás 12:10, cando comezarán a correr as persoas participantes menores de seis anos.
Publicidade
Trofeos
O Concello entregará trofeo para os tres primeiros e as tres primeiras clasificadas das diferentes categoría, agás na categoría sub-6 (neste non haberá clasificación nin premios).
Tamén haberá trofeo para o primeiro e a primeira atleta local empadroado no concello do
Pino das categorías escolares (de Sub-8 ata Sub-18), entre outras premiacións. Os trofeos
non serán acumulativos agás os correspondentes aos e ás atletas locais. Haberá medallas
para todas as persoas participantes nas categorías escolares entre Sub-6 e Sub-12.
No caso dos clubs federados establécense premios en metálico de 150, 100 e 50 euros para os tres primeiros, tanto en categoría masculina como feminina.
Comments