top of page
Foto del escritorLaura Moure

Hoxe casan os paxaros!

Como cada 2 de febreiro celébrase o Día da Candeloria


Laura Moure/Xeral

Sabiades que hoxe, 2 de febreiro, se celebra o Día da Candeloria? Este ten a súa orixe nos cultos pagáns da fertilidade e dos ciclos da natureza. Tratábase do ritual do lume, coas súas virtudes apotropaicas (de afastamento de desgrazas, protectoras).

No ano 492, o Papa Xelasio crea a festa da Purificación da Virxe María, que é conmemorada o 2 de febreiro. A orixe do nome da Candeloria fai referencia á procesión realizada dentro da igrexa con candeas benditas. De feito, naqueles templos onde a día de hoxe se celebra esta festa, os feligreses levan candeas para bendicir que despois traerán de volta para as súas casas porque atribúeselles poderes para calmar as treboadas ou alumear o camiño das almas que deixan este mundo.

Pero ademais desta celebración, por este día dise que casan os paxaros! Porque ademais esta festa anunciaba a chegada da primavera e a volta das aves migratorias. E o dito di que veñen para emparellarse e criar e tamén conta o refrán que a partir da Candeloria, ningunha ave voa soa.


Distintos refráns

Existen diferentes refráns relacionados con esta festividade como os seguintes:

  • Cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra; que chore, que deixe de chorar, mitá do inverno está por pasar.

  • Cando a Candeloria chora a mitá do inverno está fóra; se chora ou ri, o inverno está por vir, e se chora ou fai vento, inda o inverno está dentro.

  • O día da Candelaria, si chora ou venta, inverno entra. E si non venta nin chora, inverno fóra.

  • Pola Candeloira casan os paxariños e maila galiñola.

  • Pola Candeloria cásanse os paxariños e vaise a galiñola.

  • Pola Candeloria pon a pita vella e a nova.

  • Polo Santo Antón toda galiña pon. Pola Candelaria, a boa e a mala.


NOTICIA RELACIONADA:


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page