top of page

Gómez destaca no seu pregón a importancia da Festas de San Miguel de Monterroso

Fala dos festexos como un "elemento dinamizador do rural"


Ecos da Comarca/Monterroso

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, foi a encargada de dar onte o pregón das Festas de San Miguel de Monterroso, onde destacou os seus vínculos afectivos e profesionais con esta localidade lucense na que exerceu como profesora e vicedirectora no instituto da localidade durante seis anos.

“No ano 2011 cheguei aquí como profesora de inglés do IES de Monterroso, e teño que recoñecer que pasei grandes momentos. O mellor dun centro destas características é que

todos nos coñecíamos e iso permitíache ter una vinculación que ía moito máis aló do académico tanto coas familias como cos alumnos”, destacou.


Gómez salientou a importancia que teñen este tipo de festas como elemento dinamizador

das zonas rurais, favorecendo a actividade social e económica do municipio. Ademais, fixo

referencia á historia e ao pasado de Monterroso, estreitamente vencellado coa gastronomía, especialmente coa elaboración de queixo e o cultivo de castaña.


“Tedes un potente sector primario, a Feira de santos é un exemplo, un importante motor

económico e unha das máis antigas e importantes de Galicia, pois data de 1219. E tedes

uns soutos que, ademais de ser unha beleza, forman parte dunha das industrias máis

puxantes do municipio a día de hoxe: a da castaña”, remarcou a conselleira.



Publicidade

Para finalizar, animou aos asistentes a desfrutar desta festividade, que supón “un pulo

importante para a economía local”. A programación desta celebración estenderase ata o

vindeiro domingo.



Dende o CONCELLO convídamos a todos a asistir e desfrutar da localidade:


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page