top of page

Forno critica "a nula vontade política do PP para afrontar o cambio necesario para unha mobilidade sostible"

“Nos últimos cinco anos perdeuse unha oportunidade histórica para transformar a Lalín”, sinala a voceira socialista


Ecos da Comarca/Lalín

A voceira municipal dos socialistas de Lalín, Alba Forno, sinalou este xoves, co gallo da celebración da Semana Europea da Mobilidade, “a inexistencia de vontade política por parte do goberno de Crespo para afrontar o cambio necesario cara unha nova mobilidade máis sostible e a medida das persoas en Lalín”. Sostén que “nos cinco anos e medio desde a volta de Crespo á Alcaldía non só non se puxo en marcha ningunha medida para mellorar a mobilidade, senón que se deron pasos atrás nos procesos de peonalización iniciados, incumpriuse sistematicamente o recollido no Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) e, en definitiva, perdeuse unha oportunidade histórica para transformar a nosa vila”.

Publicidade

Forno lembra que en 2022 o alcalde “abriuse supostamente” a impulsar a peonalización do centro, tras terllo solicitado a propia AED, pero desde aquela non se deu nin un só paso neste proceso”. “Mentres outros concellos avanzan, o PP somete a Lalín ao anquilosamento por carecer de planificación en materia de mobilidade. Seguen abrindo e pechando rúas sen un criterio aparente, non teñen un modelo de vila e, de maneira inaudita, mesmo critican o transporte público”.


Publicidade

Así, sinala que mentres a Semana Europea da Mobilidade trata na edición de 2024 de fomentar e concienciar sobre o uso do transporte público, “o concelleiro Pablo Areán erixiuse no pasado Pleno como o único concelleiro de España que cuestionou os seus beneficios e defendeu abertamente o uso do transporte privado fronte o colectivo”. “Este é o reflexo dun goberno que o único que fixo en materia de mobilidade foi facer campaña falando de quitar unha cancela para darlle prioridade aos coches fronte a xente, amais de votar en contra de medidas como a posta en macrha de camiños escolares seguros ou dunha rede de transporte urbano que facilite o desprazamento da veciñanza a centros atractores de Lalín”, conclúe.


0 comentarios

留言


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page