top of page
Foto del escritorLaura Moure

Festivos locais de 2025 dos concellos das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa

Laura Moure/Xeral

O Diario Oficial de Galicia (DOGA) publicou o pasado 14 de novembro, a resolución que dá publicidade ás festas laborais de carácter local para o ano 2025 en Galicia inhábiles para os efectos laborais, retribuídas e non recuperables. A normativa estatal, fixada polo Real Decreto 2001/1983, establece as 14 festas anuais de ámbito nacional non recuperables, remuneradas e de carácter obrigatorio. Destes 14 festivos, dous son elixidos por cada concello e veñen especificados na resolución. Aquí publicamos os relativos a cada concello das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa.


En canto ás sete grandes cidades, os festivos locais marcados na Coruña son o 4 de marzo  -martes de Entroido- e o 24 de xuño -San Xoán-; en Ferrol o 7 de xaneiro -festividade de San Xiao- e 21 de abril -Nosa Señora de Chamorro- e en Santiago de Compostela o 29 de maio -día da Ascensión- e 16 de agosto -día de San Roque.

No caso de Lugo, os festivos elixidos son o 4 de marzo -Martes de Entroido- e o 6 de outubro -San Froilán-; en Ourense tamén o 4 de marzo e o 11 de novembro -San Martiño-. En relación coa cidade de Pontevedra, as datas de festas laborais serán 5 de marzo -Mércores de Cinza- e 11 de xullo -San Bieito-. Pola súa banda, Vigo tamen terá como festivo local o martes 4 de marzo e, a maiores, o 28 de marzo -festa da Reconquista-.


COMARCA DE ARZÚA:

  • ARZÚA: 24 de xuño, festa de San Xoán, 16 de xullo, festa local de Arzúa.

  • BOIMORTO: 4 de marzo, Martes de Entroido; 8 de setembro, festas do Rosario.

  • O PINO: 29 de maio, Ascensión do Señor, 22 de xullo, Santa María Magdalena.

  • TOURO: 21 de abril, Luns de Pascua; 24 de xuño, festa de San Xoán.


COMARCA DE DEZA:

  • AGOLADA: 2 de maio; 30 de xuño.

  • DOZÓN: 22 de xullo, 2 de setembro.

  • LALÍN: 22 de setembro, festas patronais Virxe das Dores, 23 de setembro, festas patronais das Virxe das Dores.

  • RODEIRO: 16 de xuño, Santo Antonio; 8 de setembro, Nosa Señora do Faro.

  • SILLEDA: 11 de xullo, festa do Lacón; 25 de agosto, festa da Empanada.

  • VILA DE CRUCES: 11 de agosto, festividade da Nosa Señora da Piedade, 12 de agosto, festividade da Nosa Señora da Piedade.

Publicidade

COMARCA TERRA DE MELIDE:

  • MELIDE: 21 de abril, Luns de Pascua, 16 de xullo, día do Carme.

  • SANTISO: 24 de xuño, festa de San Xoán; 15 de setembro, festa local de Santiso.

  • SOBRADO DOS MONXES: 4 de marzo, Martes de Entroido; 24 de xuño, festa de San Xoán.

  • TOQUES:15 de maio, día de San Cidre; 2 de setembro, día de Santo Antolín


COMARCA DA ULLOA:

  • ANTAS DE ULLA: 24 de xuño, San Xoán; 8 de setembro, Virxe dos Remedios.

  • MONTERROSO: 10 de xullo, San Cristovo; 29 de setembro, San Miguel.

  • PALAS DE REI: 28 de xaneiro, San Tirso; 4 de marzo, Martes de Entroido.


Resto de festivos

Dos outros 12 festivos restantes, á marxe dos locais, nove son de carácter obrigatorio e non substituíbles a non ser que coincidan en domingo: 1 de xaneiro, Venres Santo (18 de abril en 2025), 1 de maio, 15 de agosto, 12 de outubro, 1 de novembro, 6 de decembro, 8 de decembro e 25 de decembro. No ano 2025 hai un festivo nacional de carácter obrigatorio que coincide en domingo: o 12 de outubro (Festa Nacional de España), que Galicia propón substituír polo 17 de maio, Día das Letras Galegas.


Os outros tres festivos de carácter nacional son opcionais, é dicir, poden ser substituídos polas comunidades autónomas: o 6 de xaneiro, que en Galicia nunca se cambia, agás que coincida en domingo; o Xoves Santo (que en 2025 se celebrará o 17 de abril), que na Comunidade galega non se modifica de xeito tradicional; e dáselle a opción ás comunidades de escoller como opcional entre o 19 de marzo e o 25 de xullo. A Xunta sempre elixe o 25 de xullo, xa que é o Día Nacional de Galicia, tal e como quedou establecido polo Decreto 8/1978, do 10 de xullo.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page