Ecos da Comarca/Silleda
Falece un camioneiro que caeu desde a tremoia do seu camión en Silleda. Os servizos sanitarios nada puideron facer pola súa vida, tal e como informa o 112 Galicia.
Minutos antes das 19:30 horas, un particular chamou ao 112 Galicia para alertar de que un camioneiro acababa de caer desde a tremoia do vehículo, nun polígono industrial situado en Taboada, Silleda. Desde os primeiros momentos, o alertador sinalaba que a persoa podía estar falecida.
Publicidade
Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil e da Policía Local de Silleda.
Publicidade
Unha vez no punto, os equipos de emerxencias só puideron confirmar o falecemento da persoa.
Comentários