top of page

Falece o gaiteiro de Arzúa Julio Vázquez Carril

Ecos da Comarca/Arzúa

"Marchou Xulio, o gaiteiro de Vilantime. Queda o son da súa gaita na alma desta terra. Desde o Concello de Arzúa queremos expresar o noso fondo pesar polo falecemento de Julio Vázquez Carril, gaiteiro e veciño da parroquia de Vilantime, aos 88 anos", lamenta o Concello a través das súas redes sociais.

Julio Vázquez. Fonte: Concello de Arzúa.
Julio Vázquez. Fonte: Concello de Arzúa.

"Xulio foi moito máis ca un músico: un artesán do son, herdeiro dunha tradición fonda que mantivo coas mans, co peito e coa alma. Aprendeu de novo, xa con sesenta anos, o que sabía desde neno: que a gaita non é só un instrumento, senón unha maneira de vivir e sentir a nosa terra. Recoñecido en vida con diversas homenaxes, como na Festa da Gaita de Arzúa ou en Vigo da man do grupo A Buxaina, Xulio deixa unha pegada fonda na cultura popular do país", engade.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

"A súa perda dóenos a todos e todas, pero o seu legado segue: nas festas, nas foliadas, no roncón que resoa entre as corredoiras e os alpendres de Arzúa. Acompañamos con todo o cariño á súa familia, amizades e veciñanza. Que a terra lle sexa leve e que nunca deixe de soar a súa gaita entre nós", subliña o Concello.


Dende o equipo de ECOS DA COMARCA: D.E.P. Julio.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page