top of page

Falece aos 105 anos a rodeirense Amelia Lorenzo Meijomil

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Rodeiro

Este xoves faleceu a rodeirense Amelia Lorenzo Meijomil que o pasado 17 de setembro cumpríu 105 anos. Era daquelas a segunda muller máis lonxeva do concello de Rodeiro.

Amelia naceu no ano 1919 no lugar de Mourigás na parroquia rodeirense de Arnego e casou para a mesma parroquia, pero para Cuñarro do Medio. Traballou no campo, pero tamén pasou a súa vida vencellada ás tabernas porque criouse cos seus pais taberneiros e despois casou cun taberneiro. Agora estaba viúva e tivo dous fillos, que xa faleceron tamén.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Será enterrada hoxe, venres, ás 18:00 horas, na igrexa parroquial de Santiago de Arnego.


Temos que dicir que xa levabamos tres anos felicitando a Amelia polo seu aniversario. Compartimos as novas. D.E.P AMELIA!






Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page