top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Evacuada en helicóptero unha persoa en Agolada ao sufrir picaduras de avespa velutina

Ecos da Comarca/Agolada

Unha persoa sofre picaduras de avespa velutina na cabeza en Agolada, tal e como informa o 112 Galicia. A afectada foi evacuada en helicóptero medicalizado ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).

Foto de arquivo.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, os feitos aconteceron contra as 11:30 horas desta mañá no lugar da Bugalleira (Borraxeiros).


Tal e como explicaron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, unha persoa foi atacada por avespas velutinas e presentaba varias lesións na cabeza. Debido a esta situación, o equipo médico decidiu enviar ao lugar unha dotación a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago.


Publicidade

Con fin de facilitar as labores de aterraxe do aparello, desde o 112 Galicia, pediuse a colaboración dos membros do GES de Monterroso e dos voluntarios de Protección Civil da localidade. Tamén foi informada a Garda Civil. Unha vez que os profesionais sanitarios estabilizaron o doente, este foi evacuado ao CHUS.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page