top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Estudio 13: o teu centro de formación de oposicións en Vila de Cruces

O seu xerente, o cruceño Diego Castro Taboada, ofrece un servizo personalizado e graduado en función do nivel inicial


Laura Moure/Vila de Cruces

Enfrontarse a unha oposición non é algo doado. Máis ben é un camiño longo de moito sacrificio, esforzo e incertezas. Por iso, nace Estudio 13, un centro especializado na formación de oposicións no eido educativo. Está situado na Rúa Vázquez de Vila de Cruces, no pleno centro da localidade. Abriu as súas portes o pasado mes de setembro. O seu xerente, o cruceño Diego Castro Taboada, tíñao claro: poñer en marcha un centro que vai máis alá da mera preparación e que busca ser un lugar que aporte a tranquilidade e a seguridade necesarias para afrontar o proceso do mellor xeito, trantando de conseguilo coas súas instalacións funcionais, amplas e cómodas.

Instalacións: As instalacións convidan a prepararse, pero tamén aproveitar os tan necesarios descansos para tomar un respiro nun ambiente óptimo. Os espazos a destacar son os seguintes:

  • Un espazo grupal deseñado a través dunha aula colaborativa, na que o mobiliario existente tratará de fomentar unha aprendizaxe cooperativa e formativa, a través de dinámicas colectivas onde se lle poida dar outro enfoque a un proceso tan teórico como é este.

  • Unha zona de oratoria na que destaca unha grada de exposicións para o traballo da segunda proba do proceso selectivo. O motivo deste deseño modular non é outro que a análise da base científica ao respecto, a cal nos indica que o traballo oral a diferentes alturas fomentará unha máis rápida mellora da capacidade expositiva en bases lineais.

  • A existencia dunha aula magna fomentará unha maior harmonía na aprendizaxe máis analítica, para que o alumnado poida conseguir maiores niveis de concentración.

  • O centro dispón dunha zona de encontro, a cal se podería denominar tamén como zona de descanso, zona de café ou de relax. A zona de encontro ten como obxectivo que o alumnado nos descansos das clases non queira saír do centro, priorizando as conversas cos diferentes compañeiros/as mentres repoñen forzas para a segunda parte da sesión.

  • A zona de aseos totalmente adaptada a ambos xéneros, así como a aquelas persoas que presenten algún grado de diversidade funcional.


Cada estancia está pensada ao detalle. "Todos os espazos foron deseñados coa idea de que o alumnado se sinta acollido, tratando de aportar tranquilidade no estudo. O proceso de oposicións é áspero, arduo e duro, por iso quixemos crear un espazo cálido e acolledor para que se sintan nun sitio agradable". De aí esa sala de espera na que elementos como un sofá, butacas, barra americana, butacas altas, máquina de café, diferentes petiscos, etc., tratan de acoller ao alumnado no seu tempo de desconexión.


Así en xeral, a idea era facer un espazo dual, no que por un lado destacase un ambiente aberto que motivase o traballo cooperativo, mentres que por outro lado, estivese a aula tradicional que sempre aportou tan bos resultados.


Precisamente, o nome deste centro de formación está relacionado coa creación dun lugar cálido, harmónico e acolledor, tratando de que as persoas que formen parte dos diferentes grupos se sintan nun espazo que favoreza a tranquilidade, a concentración, a orde e a motivación polo estudo. Desta argumentación nace o nome de “Estudio”, intentando eludir toda forma tradicional de formación característica dunha academia ao uso. Por outro lado, o número “13” xustifícase como unha revelación diante das continuas afirmacións que din que os procesos de oposicións están ligados ao factor sorte. Non se nega que “todo suma”, pero sempre tendo de fondo o esforzo e a constancia como valores primordiais.


Servizo personalizado

Ademais do obxectivo de que sexa un lugar cómodo para formarse, outra das claves deste estudio é o servizo personalizado que ofrece. "A fortaleza principal é que intentamos que os opositores teñan un servizo o más personalizado posible, xa que se prioriza a formación en grupos reducidos diante da masificación”.


“Nos últimos tres anos, afortunadamente, tiven que deixar compañeiros/as sen praza na preparación para tratar de que atención non perda calidade. Ademais, procuro que teñan acceso a todo o material, xa que isto último foi un dos motivos polo que deixei outras academias, xa que me limitaban a información que lle podía pasar aos opositores, o cal non conxugaba cos meus principios nin no que eu entendo que debe ser o máis axeitado para o alumnado. Estamos diante dun proceso no que preparador e alumnado debemos ir da man. Sempre lles digo que eles e eu formamos parte do mesmo equipo, e que polo tanto debemos ir na mesma dirección, senón non teremos éxito no proceso. Son da idea de que un preparador é un guía, na que “eu” persoalmente teño como misión orientalos o menos mal posible, pero o 95% do resultado depende da capacidade de adaptación e de resiliencia que pode ter un opositor para soportar este tipo de concurso oposición, na que hai moitas persoas candidatas e poucas prazas'”.


“Ademais, algo característico de Estudio 13 é a adaptación en diferentes grupos e modalidades, orientados a cada situación persoal. Presentamos niveles de iniciación e avanzado, ademais de dispoñer das modalidades presencial, semipresencial e online. Esta última pode ser visualizada en streaming ou diferido”.


Porque Diego Castro pretende dar o mellor servizo adaptado a cada opositor. E quen mellor ca el, que ademais de preparador, é mestre e, polo tanto, tamén viviu en pel propia unha oposición.

Continua evolución

“Estudio 13” é un centro en continua evolución no que a formación se refire. Abriu este ano coa preparación para o corpo de mestres de Educación Física coa idea de ampliar nos vindeiros anos a outras especialidades. “Busco a persoas coas mesmas motivacións ca min, para que se poidan unir a este equipo de formadores. Xa comezaron os contactos coas primeiras persoas interesadas en unirse ao proxecto de cara o curso 24/25. De todas formas, aproveito para lanzar a oferta laboral a persoas serias e responsables no traballo, os cales poden poñerse en contacto comigo no 679 785 950".


Talleres

Ademais, “Estudio 13” ofertará talleres que acheguen formación específica sobre a materia, a cal resulta complicada de atopar nos cursos da Consellería. “Dita modalidade de ensino estará aberta tanto para alumnado do centro, como público en xeral. Será necesario reservar praza, xa que o aforo será limitado.


O 23 de decembro está convocado un taller de boas prácticas na que as persoas relatoras serán Ricardo Vázquez (profesor de secundaria e licenciado en medicina) e Érica Ordóñez (especialista en atención á diversidade e preparadora de oposicións). Abriremos o ano con docentes especialistas en educación física con outro taller o 13 de xaneiro”. Este centro parte coa idea de convocar talleres adaptados a diferentes especialidades, co obxectivo de captar persoas que se interesen pola aprendizaxe.

Unha segunda vida

Temos que dicir que a posta en marcha deste centro ten a súa parte emocional. O antigo “Bar Benidor” recobra vida, pero desta vez os contos e as confesións de taberna múdanse pola formación e preparación de oposicións, tratando de crear o mellor ambiente posible rodeado dos mellores profesionais.

Autora do vídeo: Nerea Fiuza













0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page