O premio consiste nunha viaxe en autocaravana durante 4 días, para 4 persoas
Laura Moure/Silleda
Un total de 32 persoas optaban ao gran premio do certame Vai de Parroquias, convocado polo Concello de Silleda durante este Nadal ca dinamización do rural como protagonista. Baixo o lema “Vai de parroquias”, propúxose de novo ao público, por terceiro ano consecutivo, visitar as 33 localidades que conforman o municipio silledense, acreditando
mediante fotografías cas Caixas de Correo Máxico e unha carta a completar para os Reis Magos cos lemas recollidos para cada unha das parroquias .
Publicidade
Todas as persoas que participaron participaron no sorteo dunha viaxe en autocaravana durante 4 días, para 4 persoas.
Este certame, no marco da programación de Nadal, busca dinamizar as localidades rurais do municipio, fomentando a participación activa da veciñanza e poñendo en valor as 33 parroquias que compoñen o termo municipal fomentando tamén o coñecemento das mesmas.
Finalmente, Estefanía Fernández Míguez resultou ser a gañadora do certame deste ano "e agardamos que aproveite ao máximo esta viaxe de aventura pola xeografía galega", sinala o Concello.
Comments