top of page

Entregados os premios do certame CarnaBares 2025 de Silleda

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

As persoas e grupos premiados recolleron os galardóns, con máis de 1.100 euros en total en vales para mercar nos establecementos do municipio, aportados polo Concello


Laura Moure/Silleda

Onte entregáronse no Salón de Plenos do Concello os premios da terceira edición do certame CarnaBares 2025, organizado pola Asociación de Empresarios e Comerciantes de Silleda (ECOS) en colaboración co Concello de Silleda para premiar aos mellores disfraces e dinamizar a hostalería local. En total repartíronse 1.150 euros aportados pola Concellería de Promoción Económica, que dirixe Estefanía Taín, consistentes en vales para consumir en establecementos comerciais e hostaleiros do municipio de Silleda.

Na categoría colectiva o primeiro premio foi para “Os aviadores”cun galardón de 500 euros, e o segundo para “Os coches de choque”con 300 euros. O terceiro recaeu no grupo “Matrioskas”, ás que ECOS entregou unha cesta de“Caprichos de Entroido”.



Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Na individual, gañou Javier Muiños, caracterizado como o cociñeiro silledense Julio Mato (250 euros); e o segundo premio recaeu en “Damas de Papel”, de Silvia Taboada e María Fondevila (100 euros) e o terceiro, con outra cesta de ECOS, foi para a nena María Conde, vestida de Stich.


 Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco. 
Preme na imaxe se queres contactar connosco. 

Na entrega participaron a alcaldesa e a concelleira de Promoción Económica, Estefanía Taín; así como as responsables da directiva de ECOS, encabezada pola súa presidenta, Silvia Romero, un colectivo a quen a alcaldesa agradeceu e felicitou por esta iniciativa, ademais de parabenizar a todas as persoas participantes no certame.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page