top of page

Entran a roubar na Oficina Agraria de Silleda e na sede da Asociación Semana Verde

Ecos da Comarca/Silleda

Esta madrugada producíronse varios roubos en Silleda: por un lado, na Oficina Agraria e por outro, na sede da Asociación Semana Verde. Accederon a estas instalacións e ademais, provocaron danos en catro coches da Xunta.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

No caso dos coches que estaban estacionados nas inmediacións da oficina agraria, "romperon as lunas e roubaron algunha prenda de roupa", informa a Oficina de Prensa da Comandancia de Pontevedra. "Despois accederon á oficina rompendo o cristal dunha ventá e leváronse un ordenador", engade que tamén indica que substraeron o monitor doutro ordenador da sede da Asociación Semana Verde.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

"Entraron na extensión agraria e aquí romperon a porta da entrada e a do consorcio. No consorcio rompéronlle a porta e leváronlle a pantalla do ordenador", sinalan dende a Asociación Semana Verde.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Así quedou a porta da entrada da sede da Asociación Semana Verde.

A porta rota da sede da Asociación Semana Verde. (Foto cedidad pola asociación)

댓글


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page