top of page
Foto del escritorLaura Moure

En marcha as obras de mellora de accesibilidade nos vestiarios do pavillón da Bandeira

Publicada a convocatoria no BOP para a praza de enxeñeiro/a para o Concello de Silleda


Laura Moure/Silleda

O proxecto de mellora da accesibilidade no pavillón polideportivo municipal da Bandeira (Silleda) comezou nos últimos días. Esta instalación deportiva, ao estar situada entre o CEIP Ramón de Valenzuela e a zona das piscinas municipais, é moi empregada para

practicar deportes, ademais de ser usada polo alumnado do colexio.

As obras, adxudicadas á empresa Construcciones Míguez Xestoso, teñen un investimento total de 89.045,39 euros, dos que o 50% se financian a través do Programa LEADER de Galicia polo Plan de Desenvolvemento Rural, mediante o GDR Terras de Pontevedra Norte, como proxecto non produtivo. O 50% restante é asumido polo concello de Silleda con fondos propios.


Este proxecto busca mellorar a accesibilidade e renovar estas dependencias do pavillón, moi utilizado ao longo de todo o ano. Deste xeito, estanse construíndo novos aseos e vestiarios reubicándoos á entrada do pavillón, ao lado da porta principal.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

As obras que se están realizando permitirán cumprir cos actuais requerimentos de accesibilidade para garantir o uso e desfrute do espazo por parte de todas as persoas usuarias, ademais de mellorar a eficiencia enerxética substituíndo os vellos quentadores por un sistema de aerotermia.


Por outra banda, este luns, 13 de novembro aprobouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra a convocatoria e bases específicas para cubrir, por quenda libre, unha praza de enxeñeiro/a (grupo 1). Neste proceso de selección o sistema é por oposición.



Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Este posto de traballo en concreto xunto as prazas de arquitecto/a técnico/a e educador/a social forman a Oferta de Emprego Público do Concello de Silleda para o ano 2023. O prazo para presentar solicitudes será de 20 días, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial do Estado (BOE).


Pódense consultar na páxina web do concello a convocatoria e bases publicadas no BOP de Pontevedra.


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page