Dúas persoas trasladadas ao hospital por unha posible intoxicación de CO nunha vivenda en Arzúa
- ecosdacomarca
- hace 22 horas
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Arzúa
Os bombeiros do Parque Comarcal Provincial de Arzúa recibiron hoxe, sábado, 12 de abril, ás 9:12 horas un aviso para intervir nun operativo nunha vivenda en Boente de Arriba, no concello de Arzúa, tal e como informa o gabinete de prensa do Consorcio Contra Incendios.
Publicidade

No mesmo, dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao Hospital Clínico Universitario de Santiago por unha posible intoxicación de monóxido de carbono (CO) debido á mala combustión da cociña de leña da casa.
Publicidade
Á súa chegada ao lugar, o espazo estaba completamente ventilado. Os bombeiros realizaron os traballos de medición, descartando a presenza de gases tóxicos.
Comments