top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Dúas persoas feridas nunha colisión entre un camión e un coche na parroquia melidense de Folladela

Ecos da Comarca/Melide

O accidente hoxe. Autor: C.D.

Este mércores rexistrouse un accidente de tráfico no municipio de Melide. No mesmo víronse implicados un camión e un coche e saldouse con dúas persoas feridas.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

O 112 Galicia foi avisado por Urxencias Sanitarias ás 15:20 horas e indicaban que xa mandaban unha ambulancia ao punto. O sinistro ocorreu no lugar da Pena, na parroquia melidense de Folladela.


O accidente saldouse con dúas persoas feridas que viaxaban no turismo. "Estaban feridas, pero liberadas e accesibles", puntualiza o 112 Galicia.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Ademais de Urxencias Sanitarias, o 112 Galicia deu aviso aos Bombeiros de Arzúa, á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil de Melide e á Policía Local.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page