top of page

Dúas persoas evacuadas logo de colidir cos seus coches en Vilasantar

Ecos da Comarca/Xeral

Dúas persoas foron evacuadas logo de colidir cos seus coches en Vilasantar. Ambos implicados eran feridos leves, tal e como informa o 112.

Foto de arquivo.

O 112 Galicia recibiu o aviso contra as 22:00 horas de onte por parte dun familiar dun dos implicados, o cal explicou que dous vehículos colidiran frontalmente en Mezonzo, preto dunha ponte sobre o río Tambre. Tamén indicou que había feridos, mais non revestían gravidade.


Decontado, os xestores do 112 Galicia informaron ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Arzúa, ao GES  de Curtis, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Vilasantar.


Publicidade

Logo da chegada dos servizo de emerxencias ata o punto, confirmouse que había dous feridos leves que tiveron que ser trasladados polo persoal sanitario.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page