Ecos da Comarca/Xeral
Unha caída dun tractor e un corte nun pé cunha motoserra mobiliza a senllos helicópteros medicalizados con base en Santiago e Ourense para o traslado urxente de ambas dúas persoas feridas.
Os accidentes rexistráronse no 112 Galicia practicamente ao mesmo tempo, pasadas as 10:30 horas desta mañá, cun denominador común: o manexo de maquinaria agrícola, concretamente un tractor e unha motoserra.
Publicidade
Ambas as dúas circuntancias deixaron dúas persoas feridas, unha no lugar de Pumares, na Estrada, onde unha persoa caeu do tractor e este pasoulle por encima, aínda que sen quedar atrapada. Pola outra banda, en Vilar de Cabalos, en Taboada, un veciño sufriu lesións importantes nun pé debido a un corte coa motoserra.
Publicidade
Para a atención de ambos os dous feridos, solicitouse a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que decidiron enviar dotacións a bordo dos dous helicópteros medicalizados. Ademais, foron informados os axentes da Garda Civil e Policía Local, así como aos grupos de emergencias como o GES de Montorroso e Protección Civil de Taboada e o GES da Estrada.
Os feridos foron trasladados aos centros hospitalarios de referencia nos helicópteros.
Comments