Ecos da Comarca/Touro
Este venres tivo lugar un accidente no municipio de Touro. No mesmo, tal e como informa o 112 Galicia, víronse implicados dous vehículos e como consecuencia dúas persoas resultaron feridas.
Publicidade
O 112 Galicia foi alertado por Urxencias Sanitarias ás 18:37 horas. "Foi unha colisión frontal entre dous turismos na Basebe, en Novefontes", indica o 112 Galicia. "Unha das persoas queixábase de dor no pescozo e outra nunha man, por iso ambas precisaron asistencia sanitarias", engade.
Publicidade
Ademais de Urxencias Sanitarias, o 112 Galicia avisou á Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil de Touro.
コメント