top of page
Foto del escritorLaura Moure

Dolores Botana Gil e a ANPA da Galiña Azul gañan o I Concurso de Decoración do Nadal do Pino

Houbo 9 participantes na categoría familiar e outros 8 na colectiva


Laura Moure/ O Pino

A decoración da casa de Dolores Botana Gil e a composición que realizou a ANPA da Galiza Azul de Arca diante a escola infantil foron os elixidos polo xurado como gañadores do I Concurso de Decoracións do Nadal que organizou o Concello do Pino e ao que se presentaron 17 concursantes entre as categoría individual e colectiva. O concello repartiu 1.200 euros en premios.

O Concello do Pino organizou este concurso coa finalidade de fomentar a creatividade e a participación activa da veciñanza para colaborar na creación dun ambiente decorativo especial e acolledor para as festas, e contribuír ao aforro económico ao redor de materiais reciclabeis.


Nove persoas participaron na categoría familiar. O xurado destacou para concederlle o primeiro premio que a decoración de María Dolores Botana Gil amosa unha gran variedade de materiais empregados de maneira efectiva e con un uso de cores harmonioso e equilibrado. O premio que recibirá é de 300 euros. O segundo e terceiro posto nesta categoría foron para Beatriz Pazos Tojo (200 euros) e para Dalia Pérez Iglesias (100 euros).


Publicidade  


Na categoría colectiva houbo oito concursantes. A gañadora foi a composición realizada pola ANPA da Galiña Azul de O Pino dirante da propia escola infantil na praza de Forcarei. O xurado destacou que a decoración emprega técnicas creativas e que se trata dunha proposta orixinal e ben organizada. A ANPA recibirá os 300 euros do primeiro premio

O restaurante O Acivro obtivo o segundo premio desta categoría (200 euros) e a tenda El armado de Alma o terceiro, dotado con 100 euros.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O xurado estivo formado polo alcalde, como presidente, o enxeñeiro técnico industrial Pablo Rojo; o escultor e pintor Cándido Pazos; o técnico de deportes do concello do Pino e un auxiliar administrativo.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page