top of page
Foto del escritorLaura Moure

Debris Paniagua e Daniel Loureiro gañan a primeira edición da San Silvestre do Pino

Santa Claus e unha recreación do Portal de Belén levaron os premios aos mellores disfraces da categoría absoluta, que nas categorías escolares gañou un elfo


Laura Moure/O Pino

Debris Paniagua Rodríguez, do Club Atletismo O Pino, e Daniel Loureiro Mosquera, do C.A. Santiago, gañaron a primeira edición da San Silvestre do Pino que este sábado xuntou a preto de 150 atletas de todas as idades. Santa Claus, mantecados, regalos, elfos ou unha recreación completa do Portal de Belén (Reis Magos incluídos) déronlle colorido e moito ambiente de Nadal a primeira edición desta proba organizada polo Concello do Pino en colaboración co Club Atletismo O Pino e a Federación Galega de Atletismo.

Na categoría absoluta masculina, Daniel Loureiro (11:16), Daniel Maneiro (11:26) e Carlos Fraga (11:42) os dous do C.A. O Pino, foron os gañadores da proba. Na categoría feminina as primeiras en rematar os catro quilómetros de percorrido foron Debris Paniagua (11:42) e a súa irmá Demeku (11:57), seguidas de María del Carmen Rodríguez (16:48), da SD Compostela Atletismo.


Publicidade  

Nas categorías escolares participaron preto dunha trintena de atletas nas dúas probas disputadas, que levaron unha medalla como recordo tras finalizar os percorridos de 160 e

340 metros.


Os premios aos mellores disfraces da categoría absoluta foron para Santa Claus (na modalidade de individual) e o Portal de Belén, na de grupo. Nas categorías escolares só se entregou o premio individual a un elfo.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A concelleira de Cultura, Eva Varela, e o de Obras, José Fuentes, entregaron os premios.

Ao rematar, todas as persoas participantes puideron degustar chocolate con churros.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page