top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste xoves, 18 de novembro

Foto del escritor: IsmaelRSIsmaelRS

Contamos con nove municipios libres de covid: Antas de Ulla, Boimorto, Dozón, Monterroso, Rodeiro, Sobrado dos Monxes, Toques, Touro e Vila de Cruces. Dende hoxe baixa desta lista o municipio de Agolada


IsmaelRS/Xeral

XOVES 18 NOVEMBRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 18 de novembro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Contamos con nove municipios libres de covid: Antas de Ulla, Boimorto, Dozón, Monterroso, Rodeiro, Sobrado dos Monxes, Toques, Touro e Vila de Cruces.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, son dous os municipio que están libres de covid: Boimorto e Touro. Pola súa parte Arzúa e O Pino sitúase nunha escala entre 1 e 9 afectados, dende fai varios días.


Na comarca dezá contamos con tres municipios libres de casos Covid, é o caso de Dozón, Rodeiro e Vila de Cruces. Agolada conta con un positivo, despois de dous días libre de casos, tal e como informa esta mañá o concello. Silleda conta con dez casos activos, tres máis que fai 24 horas. Pola súa parte Lalín sitúase nunha escala entre 1 e 9 afectados.


Na comarca Terra de Melide contamos con dous municipios libres de casos: Sobrado dos Monxes e Toques. Pola contra os municipios de Melide e Santiso sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias semanas.


Por último, na comarca da Ulloa contamos con dous municipios libres de covid: Antas de Ulla e Monterroso. Pola súa parte Palas de Rei sitúase nunha escala entre 1 e 9 afectados, dende fai varios días.



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page