Son catro os municipios libres de coronavirus, os mesmos que fai 24 horas, a situación e máis preocupante en Lalín, Melide e Silleda en estos municipios se supera a día de hoxe a vintena de casos e en Arzúa a decena
IsmaelRS/Xeral
SÁBADO, 17 XULLO
Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 17 de xullo, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Son catro os municipios que non rexistran ningún caso de Covid-19: Dozón, Santiso, Sobrado dos Monxes e Boimorto. Os 17 municipios atópanse no nivel mínimo de restrincións.
Na comarca arzuana tal e como informa o Sergas, Boimorto é único municipio de esta comarca que se encontra libre de coronavirus. Mentres que Arzúa pasa a situarse dende hoxe con 15 casos, seis máis que fai 24 horas, pola súa parte os municipios de O Pino e Touro atópanse nunha taxa entre 1 e 9 afectados.
Na comarca dezana hai un único municipio libre de Covid: Dozón que non ten ningún caso dende hai días. Agolada, segundo a información do Sergas, está nunha taxa entre 1 e 9 contaxios, pero segundo informan dende o concello son 3 os casos activos. Lalín segundo a incidencia acumulada a 14 días ten 25 afectados, os mesmos que onte. E Silleda sube a 28 casos segundo a incidencia acumulada a 14 días como apunta o Sergas, un máis que fai 24 horas.
A comarca Terra de Melide están libres de Covid Santiso e Sobrado dos Monxe e Toques non teñen ningún caso dende hai días e o Sergas indica que Melide pasa dende hoxe a ter 22 afectados, 13 máis que fai 24 horas, pola súa parte Toques se atopan nunha taxa entre 1-9 afectados.
Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios teñen algún caso. Monterroso, Antas de Ulla e Palas de Rei, segundo a incidencia acumulada a 14 xornadas, ten entre 1 e 9 contaxios.
Fonte: Ecos da Comarca.
Este gráfico fai referencia aos datos de contaxios segundo a incidencia acumulada a 14 días e no caso de Agolada, Arzúa, Lalín, Melide e Silleda son os casos activos.
Limitacións por municipios
O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, acordou:
Nivel alto de restricións para os concellos de Ourense, Barbadás, A Illa de Arousa, Cambados, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, O Barco de Valdeorras.
Nivel medio serán de obrigado cumprimento nos concellos de Culleredo, Porto do Son, O Carballiño, Ribadavia, Sarria, Sanxenxo, Poio, Boiro, A Pobra do Caramiñal, Marín, Pontevedra, Redondela, Vigo, Caldas de Reis e Salceda de Caselas.
Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio baixo.
Comments