top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste martes, 18 de maio

Foto del escritor: IsmaelRSIsmaelRS

Hai sete municipios libres de coronavirus e sobre todo a situación é preocupante en Lalín, que supera os 20 casos activos


IsmaelRS / Xeral / ACTUALIZACIÓN 16:00 HORAS

MARTES, 18 MAIO

Fonte: Ecos da Comarca

Continuamos informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 18 de maio, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Son sete os municipios que non rexistran ningún caso de Covid-19: Agolada, Sobrado dos Monxes, Toques, Antas de Ulla, O Pino, Boimorto e Vila de Cruces. Todos os demais concellos sitúanse nunha taxa de entre 1 e 9 casos, agás Lalín que superan este valor.


Na comarca arzuana tal e como informa o Sergas, os municipios de O Pino e Boimorto non rexistran casos, mentres que Arzúa e Touro sitúanse nunha escala de entre 1 e 9 afectados, segundo a incidencia acumulada a 14 días. Todos están no nivel máis baixo de restrincións.

Na comarca dezana, Agolada e Vila de Cruces están libres de coronavirus desde hai días. Os muncipios de Silleda, Rodeiro e Dozón sitúanse cunha taxa de entre 1-9 casos, segundo a incidencia acumulada a 14 días. Sen embargo, Concello de Silleda indica que neste municipio hai 12 casos activos. Mentres a situación é preocupante en Lalín aínda que os afectados están a sufrir un lixeiro repunte. Hoxe martes, os casos activos en Lalín son 22, tal e como informou o alcalde do municipio, José Crespo. Todos estes municipios están no nivel mínimo de limitacións, agás Lalín e Silleda que están no nivel medio.


Na comarca Terra de Melide Sobrado dos Monxes e Toques non teñen ningún caso, mentres que Melide e Santiso, sitúase nunha taxa entre 1-9 casos, segundo a incidencia acumulada a 14 días. Aquí todos os concellos están no nivel máis baixo, agás Melide e Santiso que está no nivel medio.


Por último, na comarca da Ulloa Antas de Ulla é o ínico que está libre de Covid, mentres que Palas de Rei e Monterroso sitúase nunha escala de entre 1 e 9 afectados.

Fonte: Ecos da Comarca.

Este gráfico fai referencia aos datos de contaxios segundo a incidencia acumulada a 14 días e no caso de Lalín e Silleda son os casos activos.


Limitacións por municipios

Cabe mencionar que hai establecidos catro niveis de limitacións segundo a incidencia acumulada de contaxios de cada concello. Así a relación de municipios en cada nivel son:

  • No nivel máximo están Cambados, Laza e Padrón. A hostalaría está pechada e non se permiten as reunións de non convivintes e a mobilidade.

  • No nivel alto figuran Cangas, A Laracha, Lobios, Oleiros, Ribeira e Vilanova de Arousa. A hostalaría pode abrir as terrazas ao 50% e con horario ata ás 23:00 horas para os bares e ás 1:00 horas para os restaurantes que cumpran os requisitos establecidos.

  • No nivel medio: os concellos de Ames, Barbadás, Betanzos, Bueu, Carballeda de Valdeorras, Carral, Cerdedo-Cotobade, Chantada, Cualedro, Cuntis, Fisterra, Fornelos de Montes, Gondomar, Lalín, Marín,Melide, Moaña, Moraña, Noia, Ordes, A Pastoriza, Ponte Caldelas, Salceda de Caselas, Santiso, Silleda, Soutomaior, Toén, Tomiño e Valga. O peche dos bares é ás once da noite e permítese o uso ao 30% do interior dos establecementos e no exterior, o 50%. Os restaurantes que cumpran os requisitos estipulados poden pechar ás 1:00 horas.

  • E por último, no nivel medio-baixo permanecen o resto dos municipios galegos. O horario dos bares e cafeterías é ata ás 23:00 horas e dos restaurantes, que cumpran os requisitos marcadas ás 1:00 horas, con 75% de límite nas terrazas e 50% no interior.

Ademais, a Consellería de Sanidade permite as reunións de non conviventes nos domicilios e limítase a catro persoas no interior das vivendas e a seis en zonas exteriores.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page