top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste domingo, 05 de setembro

Foto del escritor: IsmaelRSIsmaelRS

Continúa a desescalada de afectados, o caso máis preocupante segue a ser o de Melide que dende onte volve estar por debaixo dos 120 casos


IsmaelRS/Xeral

DOMINGO, 05 SETEMBRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 05 de setembro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os municipios das comarcas teñen casos de Covid-19. Contamos con un municipio no nivel máximo (Melide), sete no nivel alto (Agolada, Antas de Ulla, Arzúa, Lalín, Monterroso, O Pino e Palas de Rei) e tres no nivel medio (Boimorto, Santiso e Silleda) os seis municipios restantes atópanse no nivel mínimo de restrincións.


Na comarca arzuana tal e como informa o Sergas, Touro atópase nunha taxa entre 1 e 9 afectados. Boimorto ten 15 casos activos, os mesmos que fai 24 horas; O Pino teñen 29 casos activos, un máis que onte. Pola súa parte Arzúa sitúase con 50 casos, un menos que fai 24 horas.


Na comarca dezana todos os municipio teñen casos Covid, Dozón sitúase nunha escala entre 1-9 afectados. Agolada ten 23 casos activos, tal e como informou antonte pola tarde o Concello e Rodeiro conta con 11 casos activos, os mesmos que fai 24 horas. Lalín segundo a incidencia acumulada a 14 días ten 48 afectados, un menos que fai 24 horas; Silleda ten 20 casos activos, os mesmos que onte e Vila de Cruces continúa nunha escala entre 1-9 afectados.


Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos, Sobrado dos Monxes está nunha escala de entre 1 a 9 contaxios; Toques conta con 14 casos activos, un máis que na xornada de onte. Pola súa parte Melide pasa a ter 116 casos, dous menos que fai 24 horas, e Santiso sitúase con 10 afectados, dous menos que onte.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios teñen algún caso. Antas de Ulla segundo a incidencia acumulada a 14 xornadas ten 13 contaxios, os mesmos que na xornada de onte. Pola súa parte, o municipio de Monterroso ten 42 casos, un máis que onte, mentres que Palas de Rei sitúase con 38 afectados, dous máis que fai 24 horas.

Fonte: Ecos da Comarca.

Este gráfico fai referencia aos datos de contaxios segundo a incidencia acumulada a 14 días e no caso de Antas de Ulla, Arzúa, Agolada, Boimorto, Lalín, Melide, Monterroso, O Pino, Palas de Rei, Rodeiro, Santiso, Silleda e Toques son casos activos


Limitacións por municipios O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola Covid-19, acordou:

  • Nivel máximo de restricións para os concellos de Ordes, Melide e Monforte de Lemos.

  • Nivel alto de restricións para os concellos de Agolada, Arzúa, Lalín, O Pino, Trazo, Curtis, Cee, Cerceda, Muxía, Antas de Ulla, Monterroso, Palas de Rei, Vilalba, A Pastoriza, Castro de Rei, Meira, O Saviñao, A Pobra de Trives, Viana do Bolo, Ares e A Cañiza.

  • Nivel medio serán de obrigado cumprimento nos municipios da Coruña, Arteixo, Cabana de Bergantiños, Carballo, Corcubión, Malpica de Bergantiños, Oleiros, Oza-Cesuras, Ponteceso, Zas, Aranga, Betanzos, Camariñas, Fisterra, Santa Comba, Silleda, Boimorto, Frades, Muros, Noia, Santiso, Tordoia, Ferrol, Chantada, Lugo, Outeiro de Rei, Baralla, Cospeito, Taboada, A Rúa, Ourense, O Barco de Valdeorras, Verín, Bueu, Poio, Sanxenxo, Gondomar, Pazos de Borbén, Ponteareas, Redondela e Nigrán.

  • Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio-baixo.

0 comentarios

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page