top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Darío Saavedra Lamas, veciño de Taboada, súmase ao club dos centenarios silledenses

A alcaldesa, Paula Fernández, e a concelleira de Benestar, Ángela Troitiño, visitaron onte a Darío, que conserva unha gran vitalidade


Ecos da Comarca/Silleda

O municipio de Silleda vén de sumar un novo veciño centenario. Trátase de Darío Ramón Saavedra Lamas, que o pasado mércores día 20, fixo os 100 anos. Darío, que traballou toda a vida como albanel, reside en Taboada ca súa filla Mari e o seu xenro, Manolo.

A alcaldesa, Paula Fernández, e a concelleira de Benestar, Ángela Troitiño, sopraron

con el as velas, trasladándolle os parabéns en nome de toda a veciñanza.


Dario afincouse na parroquia de Taboada coa súa dona, falecida hai 9 anos, dende a

súa Noceda natal. Entre as súas aficcións, destacou a pesca, convertíndose nun gran

troiteiro coa súa cana. Darío, moi querido pola veciñanza, destaca polo seu bo humor,

e por ter sido un home moi traballador e ordenado.


Publicidade

Tivo dous fillos, Benito e Mari, 4 netos, e conta con dos bisnetos. Toda a familia de

Darío, practicamente autónomo, celebrará hoxe, domingo, o seu centenario.


Dende o equipo de ECOS DA COMARCA: Moitos parabéns!!


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page