É necesario inscribirse
Ecos da Comarca/Lalín
O Concello de Lalín levará a cabo un curso de defensa persoal feminina o vindeiro sábado 11 de xaneiro no Lalín Arena, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas, organizado polo CIM Lalín en colaboración coa Xunta de Galicia, FEGAMP e a rede de entidades locais contra a violencia de xénero.
Publicidade
A inscrición é a través do Centro de Información á Muller (CIM de xeito presencial ou telefónica (986 787 060).
Publicidade
Impartida por monitores/as especialistas en defensa persoal, a actividade será un adestramento físico e psíquico para dotar ás mulleres de ferramentas suficientes para sentirse seguras nunha situación de risco en todos os ámbitos da súa vida. Cómpre unha condición física normal e está dirixido a mulleres adultas.
コメント