top of page

Cruces solicita a Telefónica que repare as deficiencias nas telecomunicacións en diferentes parroquias

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

O Concello asegura que esta situación é “un perigo para a seguridade da cidadanía” da que a empresa ten constancia desde o primeiro momento



Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O Concello de Vila de Cruces manifesta a súa preocupación polo mal estado do sistema de telecomunicacións, con postes caídos e cables rotos en diferentes puntos do municipio. "A pesar dos continuos avisos a Telefónica por parte do Concello e tamén de veciños particulares, a empresa de telecomunicacións fixo caso omiso desta circunstancia que supón un perigo para os viandantes e a veciñanza", tal e como sinala o propio Concello.

O Concello explica que, na estrada de Piloño a Brandomés, á altura de Pinlle, hai un cable caído a nivel do chan desde fai máis dun mes, “un perigo para a seguridade dos vehículos que circulan pola zona”. Protección Civil de Cruces sinalizou no momento o lugar con cinta vermella para avisar do perigo. Tamén en Pastoriza, na parroquia de

Brandariz, hai un poste caído.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ante esta pasividade, o Concello solicita a Telefónica que resolva o problema “no prazo

mínimo indispensable para evitar un accidente”. No caso de que a empresa de

telecomunicacións non resolva estas deficiencias, o Concello tomará outras medidas

para garantir a seguridade da cidadanía, “unha prioridade municipal nun asunto destas

características”.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page