top of page

Contigo Silleda demanda a retirada dun niño de avispas asiáticas na parroquia de Saídres

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Silleda

O presidente de Contigo Silleda, Julio Ramos, demanda ao goberno local de Silleda máis efectivade e atención ás solicitudes dos veciños das parroquias do municipio. "Neste caso na parroquia de Saídres expresáronnos o seu malestar porque levan convivindo desde hai varios meses cun niño de vespa velutina nunha árbore que está en situado nos extremos do campo de futbol da parroquia. É de considerables dimensións e debido á súa proximidade ás vivendas é de extremo perigo para os veciños".

Asegura que están preocupados porque temen que calquera día se produza algún fatídico desenlace. "Os que vivimos nas proximidades do niño, resúltanos bastante incómodo realizar traballos diarios nas inmediacións do niño, cando saen deste, parece que van de caza. Ou o Concello non se preocupa de nada ou único que di é que non é cousa deles", apostila un veciño, segundo como indica Contido Silleda.


Ramos insta ao Executivo Local "a colaborar máis coa veciñanza do municipio. A inoperancia dos concelleiros responsables de rural e medio ambiente, pode crear graves prexuízos aos veciños". Neste caso, Contigo Silleda solicita a retirada do niño.




0 comentarios

Σχόλια


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page