A Plataforma en Defensa da Ría de Arousa dá a coñecer todos os aspectos organizativos de como vai transcurrir a cita
Ecos da Comarca/Xeral
Na reunión da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA) celebrada o mércores en Carril, con asistencia masiva de todos os sectores da ría acordaron distintos aspectos organizativos que consideramos debemos trasladar ao conxunto da opinión pública en relación á manifestación contra Altri e a Mina de Touro que se celebrará mañá, día 22, na Pobra de Caramiñal.
Son as seguintes:
1.- Como resultado da reunión mantenida co goberno municipal de a Pobra do Caramiñal, xefe da Policia Local e responsable de protección Civil, acordaron que -para evitar o
bloqueo do tráfico de acceso- a manifestación sae da explanada do porto comercial, diante da Lonxa (Confraría da Pobra do Caramiñal) e discurre pola beiramar ata diante do palco, ubicado no aparcamento de buses que está pegada ao mar, á beira da rampa de Chicolino e por detrás do Centro Sociocomunitario. Esta ubicación garantiza o exercicio do dereito fundamental á manifestación xa que conecta a manifestación de barcos coa manifestación en terra e quedan nun mesmo campo visual os barcos e a sociedade que se manifesta.

Desde o palco, que asume a Mancomunidade do Barbanza, van guiar o acto final Isabel
Risco, Carlos Blanco e Quico Cadaval. Vai a haber actuacións musicais de Zeltia e Grupo de Músicos (Mini, Allegue, Constenla e Piñeiro). A lectura do manifesto lerase entre tres mulleres: en representación da PDRA, María Porto, mariscadora e Pdta da Agrupación de mariscadoras de Carril; en representación da Plataforma Mina de Touro-o Pino NON, Maricarmen Aguiar, gandeira da zona afectada e en representación da Plataforma Ulloa Viva Marta Álvarez, gandeira en ecolóxico da Ulloa.
A megafonía de 15.000W, a ambulancia e os wateres móbiles asúmeos o concello da Pobra do Caramiñal.
O servizo de orde da CIG (sindicato que forma parte da PDRA) garantirá que arredor do palco só se ubiquen as pancartas das plataformas e que a saída da manifestación se realiza correctamente coa orde establecida de pancartas: faixa dianteira cos tres logos das plataformas, faixa da PDRA, faixa de Ulloa Viva e faixa da Mina de Touro-o Pino NON.
Está totalmente prohibido o uso de petardos porque vai haber persoas maiores e nenos e está prohibido pola Subdelegación do Goberno.
Na pancarta dianteira irán as/os patróns maiores de a Pobra do Caramiñal, Rianxo, Cabo de Cruz, Noia e o Grove, as Pdtas/es das mariscadoras de a Illa, Carril e Vilaxoán, tres persoas da Plataforma Ulloa Viva e tres da Plataforma mina Touro- o Pino NON.
"Queremos agradecer aos concellos de Pontecesuras, Catoira, Vilagarcía de Arousa, Cambados, a Illa de Arousa, o Grove, Ribeira, a Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo a
colocación dunha pancarta chamando á manifestación e a publicación de bandos polos
concello de Ribeira, Arzúa e a Illa de Arousa. Ademáis agradecer o claro posicionamento
conxunto e público da Mancomunidade do Barbanza e dos concellos de Melide, Arzúa, Toques, Agolada e Santiso, que tamén colocaron pancartas de Altri Non e fixeron
chamamento a asistir na Festa do Queixo de Arzúa. Desde a ría de Arousa xa hai moitos buses cheos, como numerosos os fletados desde todas as cidades e comarcas galegas. Será necesario que as persoas que acudan á manifestación leven paraugas e chuvasqueiro pola previsión de choiva fina", recalca a PDRS.
Publicidade
No referente á manifestación dos barcos puntualizar que o servizo de orden estará
formado polas lanchas de vixianza das confrarías de Cambados, Vilanova, a Illa de Arousa e Rianxo, coordinadas por un barco bateeiro que ten o contacto directo con Capitanía Marítima (da que depende Salvamento Marítimo) e con Fisterra radio para comunicar a cantidade de barcos, duración da manifestación e hora de recollida.
O listado de barcos participantes na manifestación trasládaselle a Capitanía Marítima e son fundamentalmente barcos da 3ª e 4ª lista, ainda que tamén hai barcos da 5ª, 6ª e 7ª lista e dous barcos extranxeiros.
As directrices para a manifestación dos barcos son que saian de cada porto diante os da 3ª lista e detrás os da 4ª para evitar mesturarse e que haxa problemas. Haberá coordinación entre mar e terra para que os barcos cheguen á Enseada do Caramiñal cando estea a xente concentrada diante do palco, para que a estancia na Enseada sexa a necesaria para exercer o dereito fundamental a manifestarse, voltando a porto unha vez leido o manifesto que se trasladará aos barcos a través dun walki.
O posicionamento dos barcos na Enseada vai depender do vento; en caso necesario aproarán o vento. As previsións meterolóxicas consultadas permiten realizar a manifestación.
"Queremos tamén lamentar que a Xunta de Galicia ordenara á inspeción educativa prohibir o acceso ao centro de ensino Fernandez Varela da Pobra, solicitado pola concelleira de educación do concello de a Pobra do Caramiñal, para que os fotógrafos/as e cámaras poideran tomar imaxes coa perspectiva de toda a Enseada do Caramiñal e a xente amoreada no recheo e paseo da praia. Unha forma máis de censurarnos a liberdade de expresión e intentar ocultar á opinión pública as imaxes da manifestación", lamenta a PDRA.
Comentarios