top of page

Condenado por intentar secuestrar en Arzúa a unha nena e a unha muller no mesmo día

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Arzúa

Este martes celebrouse na Audiencia Provincial da Coruña o xuízo do acusado de intentar secuestrar a unha nena e a unha muller en Arzúa. O home aceptou unha condena de tres anos e catro meses por dous delitos de detención ilegal en grao de tentativa, aínda que coa suspensión da execucións das penas nun prazo de catro anos e aceptando o cumprimento de seguir un tratamento de carácter ambulatorio debido aos problemas psiquiátricos que padece.

Cabe mencionar que a Fiscalía pedía para o acusado sete anos de prisión. Pola súa banda, o Ministerio Público demandou a posta en liberdade, que permanece no cárcere dende os feitos, unha vez asinada a sentenza, aspecto que aceptou o Tribunal.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Os feitos remóntanse á mañá do 2 de xuño de 2024 cando o acusado se desprazou á localidade de Arzúa e intentou secuestrar a unha nena de 12 anos que se refuxiu nun bar ao que el tamén accedeu. Ao saír volveuna perseguir e agarrouna, pero a rapaza conseguiu escapar. Unha hora despois viu a unha muller na mesma localidade e baixouse do coche e intentou raptala, pero por sorte, ela tamén logrou escapar.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page