top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Comezan os obradoiros de Educación Emocional nas aulas de Silleda

Laura Moure/Silleda

A concelleira de Educación de Silleda, Ángela Troitiño, visitou este luns o CEIP Plurilingüe de Silleda, donde deron comezo os obradoiros de educación emocional que se van a desenvolver en todos os centros educativos do municipio. Estas sesións serán impartidas pola psicóloga do Concello, adscrita ao departamento de Igualdade, e teñen como obxectivo principal proporcionar ferramentas ás alumnas e alumnos para poder

xestionar de forma axeitada tanto as súas emocións como as das persoas cas que interactúan.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Despois do CEIP de Silleda, a vindeira semana estes obradoiros impartiránse no CEIP Ramón de Valenzuela da Bandeira, tamén para os grupos de 5º e 6º. A comezos de maio, as citas serán no CPR María Inmaculada (para os grupos de 5º 6º de Primaria e

1º e 2º da ESO), así como nos dous primeiros cursos do IES Pintor Colmeiro.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

“Dende o departamento de Educación apostamos por esta iniciativa ante a importancia que ten a educación emocional, e tamén a petición dos propios centros, poñendo en valor esta ferramenta que axuda a potencian as habilidades cognitivas e mellora a xestión emocional nas persoas maís novas para afrontar os desfíos diarios e mellorar o seu benestar “, engade Ángela Troitiño.



0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page