Ecos da Comarca/A Ulloa
A iniciativa da Xunta Coidados Porta a Porta volve nas vindeiras semanas a varios concellos das comarcas como é o caso por exemplo, de Palas de Rei neste mes de outubro e en Monterroso, que será en novembro.
Así á localidade palense a unidade móbil desprazarase os días 25, 26 e 27 de outubro. Ofrece os servizos de estimulación da memoria, podoloxía e audioloxía para os maiores de 55 anos e é gratuíto. Xa está aberto o prazo para solicitar cita previa nos teléfonos: 622 748 283 ou 623 546 992.
Publicidade
Tamén, haberá unha charla sobre coidados básicos do oído e prevención impartida por persoal de audioloxía de Coidados Porta a Porta, o día 25 de outubro, ás 18:00 horas, no Centro comarcal da Ulloa, situado na Avenida de Compostela 47, en Palas de Rei.
Mentres, será no mes de novembro cando recale en Monterroso, en concreto os días 3, 6, e 7.
Publicidade
Unha unidade móbil desprazarase á localidade e instalarase na Praza Conselleiro Fernando Salgado para ofrecer servizos de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria de xeito gratuíto a maiores de 55 anos.
Pódese pedir cita previa nos números 622 748 283 ou 623 546 992 e por medio do correo electrónico: coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal
Comments