Emitiron un comunicado a través do cal explican os seus motivos
Ecos da Comarca/Arzúa
Cinco membros de ata agora Alternativa por Arzúa emitiron hoxe, mérocres 13 de setembro, un comunicado a través do cal se desvinculan desta agrupación política. Os motivos? Liñas máis abaixo:
Publicidade
COMUNICADO ÍNTEGRO
Os/as abaixo asinantes emitimos este comunicado para anunciar o seguinte:
- A nosa desvinculación absoluta coa agrupación política Alternativa por Arzúa (A.A) motivada, entre outras razóns, polas discrepancias no funcionamento interno do grupo, a ausencia de comunicación, a falta de transparencia na xestión de asuntos de relevancia, a disconformidade coas formas e o trato dispensado e un proceder disociado que conlevou á toma de decisións unilaterais sen respetar acordos asamblearios, xerando en todos e todas nós unha total decepción.
Publicidade
- Así mesmo, queremos facer constar que en ningún caso amosamos ningunha discrepancia coa decisión de formar unha coalición de goberno cos outros dous grupos políticos (BNG e PsdG-PSOE); a nosa disconformidade cíñese, única e exclusivamente, ao proceder do grupo político do que ata agora formamos parte dun modo entregado, leal, altruísta e transparente.
Arzúa, a 13 de setembro de 2023.
Evangelina Orois Conde
Jesús Manuel Segade González
Aurora Varela Duro
Manuel Rodríguez Santos
Sonia Seoane Mato
ความคิดเห็น