Estarán destinadas tanto a comerciantes como á cidadanía interesada en mellorar as súas habilidades dixitais no comercio electrónico
Laura Moure/Silleda
Ao abeiro do programa DA TÚA MAN de fortalecemento e dinamización do comercio local da Deputación de Pontevedra, desenvolveranse en Silleda unha serie de accións formativas, coa finalidade de apoiar o comercio local a través da obtención de ferramentas e a adquisición de habilidades dixitais así como a formación en packaging sostible como elemento diferenciador dos produtos locais. En concreto, serán tras actividades nas que tanto concello como a asociación de comerciantes de Silleda (ECOS), está a colaborar activamente coa Deputación na búsqueda de posibles participantes.
A primeira de elas, Deseño de novas embalaxes sostibles, estará dirixida tanto para comerciantes como para clientes, aínda que os primeiros terán prioridade no caso de agotarse as prazas. O curso celebrarase en formato presencial na Casa da Xuventude o
vindeiro 26 de xuño, en horario de 20:15 a 23:15 horas cunha hora teórica e dúas de practica.
A segunda de elas, Habilidades dixitais para persoas consumidoras vulnerables, que estará dirixida a maiores de 45 anos nun formato presencial de dúas horas, celebrarase o vindeiro día 28 de xuño en horario de 11:00 as 13:00 horas. Con esta formación pretendese introducir nas compras por internet a través das plataformas de comercio electrónico local: Plataforma CI& DTM (Commerce Inside-Da túa man) entre outras cuestións.
Ademais impartirase unha acción especial, Dixitaliza o teu negocio, en formato on-line, 100% práctico, dirixida exclusivamente as e os comerciantes de 25 horas de duración. A
plataforma de formación estará habilitada entre o 26 de xuño a 26 de xullo.
Con este curso pretendese capacitar as e os comerciantes no comezo da transformación dixital do seu comercio, para que melloren as súas habilidades de xestión interna e aprendan a usar ferramentas dixitais para traballar mellor e informarse do que é
necesario para dixitalizar o seu negocio. Ademais todas as persoas participantes aprenderán a utilizar cada unha das ferramentas implantadas no marco do proxecto “Da túa man” e traballarán competencias dixitais que lles axuden a deseñar solucións viables,
válidas e prácticas que poidan aplicar de inmediato nos seus negocios.
O prazo de inscrición para estas actividades formativas está aberto ata completar o número de participantes, e as persoas interesadas poden obter mais información na Concellería de Comercio do Concello de Silleda (986 580 000) ou ben consultar as bases do programa en https://www.depo.gal/-/proxectos-datuaman-commerceinside
תגובות