top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Chega a Silleda “Toda una vida” o tributo a Antonio Machín

Será o sábado 2 de novembro


Ecos da Comarca/Silleda

O auditorio municipal Manuel Dopazo acolle o vindeiro sábado 2 de novembro o espectáculo Toda una vida, un proxecto escénico sobre Antonio Machín, un dos máis grandes artistas do século pasado.

Finado en 1977, o xenio cubano é autor de temas coñecidos como Angelitos

negros; El manisero e outros míticos como Dos gardenias; ... canción que resonan na memoria de moita xente.


Publicidade

O cantante cubano Johnny Vergara revivirá os temas de Antonio Machín sobre o escenario, acompañado de imaxes da súa vida con narracións de Alberto Closas. As entradas para asistir a este espectáculo, para todos os públicos, xa están á venda ao prezo de 13 euros, no Concello de Silleda, Cafetería Cuppedia e Bar Arume.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page