Ecos da Comarca/Frades
Este domingo produciuse un accidente no municipio de Frades que se saldou con catro persoas feridas. Tratouse dun choque frontolateral, tal e como informa o 112 Galicia. Dúas das persoas trasladadas tiveron que ser, ademais, rescatadas polos equipos de intervención, pois estaban atrapadas dentro dun dos coches implicados.
Publicidade
Ocorreu ás 11:15 horas de hoxe na N-634, en Gafoi, no concello de Frades. Nese punto, dous turismos bateron frontolateralmente e dúas persoas quedaron atrapadas dentro dun dos coches implicados. Por iso, desde o 112 Galicia, solicitouse a intervención dos Bombeiros de Ordes e Arzúa, así como dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
Publicidade
Unha vez liberados os atrapados, recibiron os primeiros coidados do equipo médico, antes do seu traslado ao centro hospitalario de referencia, xunto con outros dous feridos. En total, catro persoas tiveron que ser evacuadas, e outras dúas implicadas no accidente, resultaron ilesas.
Cómpre dicir que nun coche ían dous ocupantes, os dous atrapados, e no outro catro, dous feridos e un ileso.
Publicidade
Neste operativo tamén participaron os axentes da Garda Civil de Tráfico e medios de limpeza e mantemento do Ministerio de Fomento.
Commenti