top of page

Carboeiro acolle este sábado o I Open Mosca Río Deza

A presentación do certame, con 32 persoas participantes, tivo lugar onte co apoio dos Concellos de Silleda e Vila de Cruces


Laura Moure/Silleda

O Coto de Pesca sen morte de Carboeiro acolle este sábado o I OPEN MOSCA RÍO DEZA, un certame organizado polo Club de Pesca Río Deza, e que contará con 32 plazas en total, dez delas reservadas para os socios da entiaddade a través dun campionato social.

Entre os participantes figuran persoas de distintos puntos de Galicia e Portugal, algúns deles con participacións en mundiais de pesca á mosca.


Publicidade

A proba dispútase este sábado 21 no coto de pesca sen morte situado no entorno do mosteiro de Carboeiro e disputarase a 4 mangas, divido en 16 tramos de pesca. Cada unha das persoas participantes pescará unha manga de 2 horas pola mañá e outras 2 pola tarde. Todas as capturas serán medidas para puntuar e devoltas ao río inmediatamente.


O certame foi presentado este mércores no Concello de Silleda polos membros do clube,

co seu presidente Miguel Montoto, e Sito Veiga, que forman parte da organización xunto con, David Framiñán, Isaac Montilla e Xaime Blanco. Os Concellos de Silleda e Vila de Cruces, que comparten ademais esta zona de río, apoian o certame. Así, na presentación estiveron as concelleiras de Deportes de ambas entidades, Mónica González e Noemí Lois e as titulares de Educación, Ángela Troitiño e Mireya Otero.

Dende os dous muncipios, que colaboran co Open de Pesca ao igual que outras firmas patrocinadoras, destácase a repercursión e a posta en valor do gran patrimonio natural e histórico co que contan as dúas beiras do río Deza nesta zona. Así, todas as persoas participantes serán agasalladas con produtos da gastronomía local e os 10 primeiros clasificados terán premios en metálico e material de pesca.


Publicidade

Dende a organización, os dous representantes de Río Deza agradeceron aos dous Concellos e ás firmas patrocinadoras a boa acollida do campionato, que agotou as prazas dispoñibles en pouco tempo.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page