Laura Moure/Xeral
ARTIGO DE OPINIÓN:
Hoxe 14 de febreiro celébrase o Día do Amor, o amor pola nosa parella, polas nosas amizades, pola nosa familia, pola nosa mascota... Porque o amor é o sentimento de profundo afecto cara a alguén. Pero hoxe non estou aquí para falar do amor como tal, máis ben todo o contrario: o desamor cara o próximo porque cada vez somos máis empáticos e cóstanos máis poñernos na pel dos demais. E seguramente se nos puxeramos no sitio dos demais máis a miúdo este mundo sería moito mellor.
Xa di o refrán: Vemos a palla no ollo alleo e non vemos a viga no noso. E máis nesta sociedade na que as redes sociais contribúen a falar por falar sen aportar nin importar o dano que se poida causar e se fale de algo que de veraz non teña nada de nada. Agora todo vale.
Publicidade
Pero non señores, non todo vale, e a realidade é que esas persoas das que comentas nas redes sociais poden estar pasando por unha situación totalmente distinta e equivocada do que ti consideras a verdade máis probada. Detrás hai unha persoa que está sufrindo porque ademais da situación que está vivindo ti estás facendo leña da árbore caída. Ti cos teus comentarios estás descualificando a unha persoa; a un profesional; ao pai duns nenos ou a o fillo de alguén.
Publicidade
Só párate un momento e pensa que: aquilo que dis, telo comprobado ao 100%? E realmente iso aporta algo a alguén ou se pola contra, se ti estiveras no sitio desa persoa como te sentirías? Só é un momento: conta ata 10 e decide se difamar a unha persoa lle aporta moito a túa vida. É un exercicio fácil e sinxelo, pero primordial para a reputación de alguén.
A ese compañeiro de profesión do que a xente estes días fala por falar, dicirlle só iso: o que sabe cando falar, tamén sabe cando calar e as augas amansarán e a tormenta pasará. Mentras ti saibas quen eres, que non che importe o que digan os demais.
Apoio de ECOS DA COMARCA ao xornalista da TVG Pedro Rielo.
Comments