top of page
Foto del escritorLaura Moure

Campaña especial da Dirección Xeral de Tráfico para o control e vixilancia das distraccións ao volante

Estenderase ata o domingo, 13 de outubro


Laura Moure/Xeral

Dende o luns estase levando a cabo unha campaña especial da Dirección Xeral de Tráfico destinada ao control e vixilancia das distraccións ao volante. A campaña está sendo realizada pola Agrupación de Tráfico da Garda Civil, xunto coas policías locais dos concellos que se sumen e estenderase ata o vindeiro domingo, día 13 de outubro.


Reforzarase nas estradas convencionais e nos tramos máis perigosos e estará coordinada polas Xefaturas Provinciais de Tráfico, que utilizarán o máximo número de medios humanos e materiais dispoñibles. Ademais, sempre que sexa posible, tanto os paneis de sinalización variable como as pantallas alfanuméricas dos vehículos da Agrupación de Tráfico da Garda Civil nas proximidades, advertirán aos condutores da existencia próxima de controis.

Esta campaña ten como principal obxectivo sensibilizar no perigo das distraccións ao volante, que son desde 2017 a primeira causa concorrente máis frecuente en sinistros de tráfico nas vías de circulación. Segundo os informes da DXT, as distraccións ao volante estiveron presentes no 17% dos sinistros no ano 2022; ao mesmo tempo que foi factor concorrente no 31% dos sinistros de tráfico con vítimas mortais, principalmente polo uso indebido de dispositivos electrónicos.


Precisamente, o ano pasado en Galicia rexistráronse 7.801 denuncias por distraccións ao volante relacionadas co uso do teléfono móbil, auriculares ou outros dispositivo, rexistrándose un incremento do 23% con respecto aos datos recollidos o ano anterior (6.338 denuncias). O 90% destas denuncias foron por uso do teléfono móbil (7.180), seguidas do uso de cascos/auriculares (586), e finalmente, 35 denuncias por uso de dispositivos visuais como os GPS.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Campaña do ano pasado

Na mesma campaña do ano pasado, celebrada no mes de outubro, os axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil controlaron a 37.548 vehículos nas estradas galegas, con 839 denuncias. Case 200 destas denuncias foron efectuadas por detectar un uso irregular do teléfono móbil.

0 comentarios

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page