top of page

Bos resultados do Club Deportivo Biosbardo no Campionato Galego Absoluto Trail

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

O cruceño Emilo Montilla quedou Subcampión Galego M50, 14º da xeral e a A veciña de Dozón Tamara García ,4ª absoluta


Ecos da Comarca/Xeral

A gran cita do trailrunning galego tivo lugar a pasada fin de semana, o domingo

día 16 na localidade de Caldas de Reis, onde o Club Deportivo Biosbardo acudiu cun equipo, entre eles atletas dezás, a competir polos títulos individuais que estaban en xogo nun percorrido moi duro de 28 km con máis de 1770 metros de desnivel positivo. As prazas de selección e os títulos individuais master eran un engadido á competición, tal e como sinala o club.


Federico Losada – Campión Galego M45, entrando no 8º posto da xeral, mantívose á zaga do grupo de cabeza consolidando a súa praza para a selección galega.


Marcos Pascual – Campión Galego M40, cun 10º posto en meta, loitando constantemente con ‘Fico’ e garantizando tamén a súa presencia na selección galega.

O cruceño Emilo Montilla – Subcampión Galego M50, 14º da xeral

Fran Pascual – Bronce galego M40, 16º da xeral


O resto do equipo masculino fixo un gran traballo estando tamén preto das medallas nas súas categorías. Este é o seu resultado na clasificación xeral: Iván Barca (26), Jacobo Rodríguez (34), Juan Miguel Fdz (43), Jose Antonio Voces (62), Diego Indalecio (63), Manu Porto (70).


No apartado feminino o resultado foi o seguinte:

A veciña de Dozón Tamara García – 4ª absoluta, nunha carreira intelixente, ben xestionada e impecable, garantizando a súa presencia na selección galega.

Alba Rey – Bronce Galego M35, entrando en meta 8ª absoluta, a pesar de non sentirse ben, gran carreira.

Tere Dieste – Subcampioa Galega M45, entrando 10ª en meta.

Fanny Abelenda, entraba xusto detrás no posto 11ª.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

"Tamén destacar a labor da corredora local, Enara Fernández que renunciaba a competir para facer a labor de estar de peche de carreira, algo de agradecer por parte de todo o tecido atlético", salienta o club.


Con estes resultados o CD Biosbardo garantiza 3 postos absolutos na Selección Galega, que partirá a Ibiza o 12 de abril ó campionato de España de Trail por Seleccións: Fico Losada, Marcos Pascual e Tamara García.




Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page