Ecos da Comarca/Monterroso
Onte coincidindo coa feira mensual de Monterroso tivo lugar unha xornada de portas abertas no Museo e Centro de Interpretación 'Montrerroso a vila das feiras'. "Tivo unha moi boa acollida do público na primeira xornada de portas abertas", sinala o Concello.
Publicidade
O alcalde, Eloy Pérez, foi unha das persoas que se achegou ata o museo onde puido comprobar o enorme interese que desperta, non só entre os adultos, senón tamén entre os nenos e nenas.
Publicidade
O Museo e Centro de Interpretación 'Montrerroso a vila das feiras' abrirá os días 1 de cada mes, coincidindo coa feira local, en horario de 11:00 a 13:00 horas para quen queira achegarse.
Comments