Esta actuación forma parte do contrato de acondicionamento da capa de rodaxe en 5 estradas autonómicas no seu percorrido por 8 concellos da provincia da Coruña
Laura Moure/Sobrado
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e a directora territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, Begoña Freire, supervisaron as obras que se están a executar de reforzo de firme na AC-934 ao seu paso polo concello de Sobrado. Os traballos se están a executar contan cun orzamento de case 310.000 euros e dará servizo a unha poboación de 1.777 habitantes.

Esta actuación na vía autonómica forma parte do contrato de acondicionamento da capa de rodaxe nun total de 5 estradas no seu percorrido por 8 concellos da provincia da Coruña, cun investimento de máis de 2 M€.
O obxectivo foi mellorar as características funcionais das vías e súa seguridade en varios treitos, ademais de na AC-934 en Sobrado, nas estradas AC-163, AC-221, AC-230 e AC-542, que discorren polos concellos de Oza-Cesuras, Curtis, Oleiros, Sada, Cambre, Betanzos e Abegondo. As actuacións contempladas neste proxecto non implicaron a realización de ningunha expropiación, xa que están todas incluídas dentro da franxa de dominio público.
Publicidade
A actuación, que se está executando, consiste na rehabilitación do firme das estrada mellorando as características do pavimento e adecuándoa as súas necesidades funcionais e de durabilidade coa finalidade de mellorar a súa seguridade viaria. Tamén se realizara a limpeza de gabias existentes ademais da reposición da sinalización e as barreiras de seguridade e o repintado da sinalización afectada nos treitos de reposición do firme. Ademais, se realizará a limpeza das marxes e o reperfilado da zona.
O Goberno galego continúa a traballar para manter as vías de titularidade da Xunta nas mellores condicións e para garantir a seguridade viaria aos usuarios, destinando neste exercicio 53 M€ á súa conservación.
Comments