top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Azos Feministas impulsa unha programación cultural para a prevencion da violencia machista

Ecos da Comarca/Lalín

Con motivo do 25N, Día Internacional contra a Violencia Machista, o colectivo local Asociación Azos Feministas organiza en Lalín 2 citas importantes contra a violencia machista. Serán o 24 e o 25 deste mes.


  • O luns 25 de novembro convoca unha concentración e acto de lectura dun manifesto, ás 20:30 horas no Km 0. 

  • E o día previo, domingo 24, convida a participar nunha día de programación cultural feminista, concebido desde a asociación como unha forma de mostrar a loita contra a violencia machista desde unha mirada de prevención, que nos eduque e faga desfrutar os valores da igualdade.  Deste xeito, o domingo 24 de novembro será un día de convivio que comezará ás 12:30 horas e se alongará ata a noitiña:


- A presentación do evento a cargo de Belén Taboada de Azos Feministas dará paso ás pandereteiras Roseira Brava cunha selección de cantigas feministas, seguidas de Sandra Fondevila e Diego Sieiro que acomparán pechando a sesión vermut. 


- Ás 14:30 abrirase tempo de xantar, aberto a todas as persoas interesadas que queiran unirse traendo algo para compartir, incluíndo - voluntariamente - algunha lectura poética ou en prosa para a sobremesa. Acompañará neste tempo de lecturas e xantar a coñecida escritora e divulgadora Lola Varela, autora de obras como "Feminismo de proximidade". 


Publicidade

- A sesión de tarde arrincará ás 17:15 coa función de títeres feministas dirixida a público familiar "Os pespuntes da costureira ás ínfulas do príncipe" de Popelina Teatro, e pecharase o día ás 18:15 cun obradoiro de regueifa da man de Raquel "a Doallo", para rimar e cantar fronte a violencia machista.


A participación na xornada é aberta e gratuíta e desenvólvese grazas á colaboración de activistas e artistas locais. Contarase cun bote voluntario dirixido a captar fondos que se doarán integramente ao Fondo Comunitario para Afectadas pola DINA, promovido desde as redes de economía solidaria e o tecido social e comunitario valenciano

0 comentarios

댓글


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page